Inicio Galicia Política Social destaca o traballo a prol da inclusión da asociación de...

Política Social destaca o traballo a prol da inclusión da asociación de axuda ao toxicómano e de cáritas en Ourense

0

Reiterou a necesidade de que as administracións e as entidades actúen de maneira conxunta para que os recursos cheguen alí onde son necesarios


Ourense, 2 de marzo de 2020.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe en Ourense os servizos de apoio ás persoas en situación ou risco de exclusión que teñen a Asociación de axuda ao toxicómano (ATOX) e Cáritas. Arturo Parrado destacou a importancia do traballo diario que realizan a pé de campo estas dúas entidades, sempre a carón daqueles que máis precisan de axuda.

O director xeral tamén tivo ocasión de falar co algúns dos participantes nos cursos de formación, obradoiros e programas de inclusión laboral e de apoio terapéutico que desenvolve Atox nas súas instalacións.

Posteriormente, Arturo Parrado visitou o comedor social de Cáritas. Alí reiterou a necesidade de que as Administración públicas e o tecido asociativo actúen de maneira coordinada para que os recursos e axudas sexan realmente eficaces e cheguen a aquelas persoas e fogares que máis o necesitan. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre