Inicio Galicia Política Social destaca o talento escénico dos finalistas do Xuventude Crea na...

Política Social destaca o talento escénico dos finalistas do Xuventude Crea na modalidade Teatro

0


A directora xeral de Xuventude, Voluntariado e Participación, Cristina Pichel, asistiu esta tarde á fase final do programa Xuventude Crea na modalidade Teatro. As obras finalistas son O que che contei mentres facías que durmías, da compañía viguesa Faísca teatro, Papiroflexia, de Farándula Velutina, Da cor do leite, de Solo Teatro, Palabras encadeadas, de Gacela Teatro e Solo de triángulo en Re, 2º movemento, 3ª parte. Allegro (pero non tanto).

As obras están sendo presentadas polas mozas e mozos no auditorio do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Será o venres cando se dea a coñecer o grupo gañador. Un total de 381 mozos e mozas, con idades entre os 16 e 30 anos e residentes todos eles en Galicia, participaron na edición deste ano do Xuventude Crea cos seus diferentes proxectos en trece categorías diferentes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre