Inicio Galicia Política Social destaca o labor da Asociación Boa Vida na integración de...

Política Social destaca o labor da Asociación Boa Vida na integración de persoas en risco de exclusión en Pontevedra

0

Arturo Parrado gaba os resultados dos programas impulsados pola entidade para a información e a orientación de inmigrantes na busca de emprego


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe as instalacións da Asociación Boa Vida, afincada en Pontevedra. Alí puxo en valor o traballo realizado dende a entidade para axudar a persoas en risco de exclusión social da comarca a través de distintos proxectos que contan co apoio da Xunta e entre os que destacou os destinados ao asesoramento e á formación de inmigrantes na busca de emprego.

Arturo Parrado tamén mantivo un encontro con representantes de Boa Vida para coñecer de primeira man as súas necesidades e inquietudes. O Goberno galego colabora con esta organización para tratar de minguar as desigualdades e fortalecer as capacidades da poboación en situación de risco de exclusión.

Ademais das actuacións no ámbito da integración sociolaboral, a entidade pontevedresa impulsa outros programas para acoller e mediar na situación de inmigrantes. Para iso, tamén recollen e venden roupa, mobles ou calzado para conseguir beneficios que axuden ó financiamento destas iniciativas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre