Inicio Galicia Política Social destaca o importante papel dos campamentos de verán para axudar...

Política Social destaca o importante papel dos campamentos de verán para axudar á conciliación familiar

0

Mozas e mozos de entre os 9 e os 14 anos participan nos campamentos ‘Aventura na natureza’ e ‘Pequecho aventura’ que se celebran no campamento xuvenil Pontemaril


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá ao grupo de mozas e mozos que participan nos campamentos xuvenís ‘Aventura na natureza e ‘Pequecho aventura’, que teñen lugar estes días no campamento xuvenil Pontemaril, no concello de Forcarei. Alí destacou o importante papel destas actividades na conciliación familiar durante os meses de verán.

Os participantes, de entre 9 e 14 anos, poderán realizar durante estes días actividades de multiaventura na auga, bicicleta, rocódromo, tiro con arco ou sendeirismo. Trátase da terceira quenda de ambos os dous campamentos que buscan fomentar a educación non formal entre a xuventude.

O Goberno galego realizou no último ano obras de mellora no campamento de Pontemaril por un importe de 76.000 euros. Entre as actuacións realizadas atópase a mellora da EDAR, a posta en marcha da piscina e varias reparacións de electricidade e fontanería, así como de acondicionamento das instalacións.

En total, esta Campaña de Verán, que leva por título O verán que necesitas, pon á disposición da mocidade 6872 prazas en diferentes actividades e campamentos, que se prolongarán ata comezos do mes de setembro. Todas as actividades desta campaña seguen as medidas de prevención fronte ao covid-19 fixadas polas autoridades sanitarias co fin de garantir a seguridade de todas as persoas participantes.

Ademais, a Consellería de Política Social oferta neste verán 348 prazas nun total de 29 campos de voluntariado (incluíndo as tres quendas de Cíes) para maiores de 18 anos por todo o territorio galego.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre