Inicio Galicia Política Social destaca nas 'Xornadas sobre o desenvolvemento rural e turismo' o...

Política Social destaca nas 'Xornadas sobre o desenvolvemento rural e turismo' o papel das Casas Niño e das Casas do Maior para conciliar

0

Estas iniciativas tamén serven para asentar poboación nos municipios de menor tamaño e fomentar o emprego

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, puxo en valor esta mañá nas Xornadas sobre o desenvolvemento rural e turismo, que están tendo lugar na Cidade da Cultura, o papel das Casas Niño e das Casas do Maior para favorecer a conciliación nos concellos de menos habitantes.

Amparo González, que exerceu de moderadora da mesa redonda Conciliación e corresponsabilidade no rural, destacou estas medidas innovadoras postas en marcha pola Xunta de Galicia. Explicou que as Casas Niño son pequenas escolas infantís nas que se proporciona atención a un máximo de cinco nenas e nenos de 0 a 3 anos, mentres que as Casas do Maior, de mesma filosofía, é un centro de día destinado a maiores.

Ademais diso, subliñou que estas iniciativas non só serven para que as familias do rural poidan compaxinar a súa vida persoal coa laboral, senón que tamén se trata de medidas innovadoras que procuran o asentamento de poboación nos municipios de menos de 5000 habitantes e impulsar o emprego.

Xunto á directora xeral participaron no coloquio a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Conciliación de Frades, Ángeles Álvarez; unha técnica da área social e igualdade da Federación provincial de mulleres rurais de Ourense (Femuro), Jane Liz; a promotora da Casa Niño de Dumbría, Rocío Alonso e a promotora da do Maior do Concello de Laxe, Natali Asorey.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre