Inicio Galicia Política Social destaca a traxectoria do campamento xuvenil da Devesa, centrado nas...

Política Social destaca a traxectoria do campamento xuvenil da Devesa, centrado nas actividades marítimas

0

Mozas e mozos de entre os 11 e os 13 anos desfrutan da práctica de deportes náuticos, escalada, tiro con arco e xogos tradicionais, entre outras

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe ao grupo de mozas e mozos que participan no campamento xuvenil Endevésate co mar, en Ribadeo. Alí destacou a traxectoria das instalacións da Devesa no acollemento de campamentos xuvenís, sempre ligados ás actividades no mar e a aventura.

En concreto, os participantes, de entre 11 e 13 anos, realizan actividades náuticas, escalada, tiro con arco e xogos tradicionais, entre outras. Así mesmo, o Goberno galego realizará despois do verán obras de mellora neste campamento por un importe de preto de 30.000 euros.

En total, esta Campaña de Verán, que leva por título O verán que necesitas, pon á disposición da mocidade 6872 prazas en diferentes actividades e campamentos, que se prolongarán ata comezos do mes de setembro. Todas as actividades desta campaña seguen as medidas de prevención fronte ao covid-19 fixadas polas autoridades sanitarias co fin de garantir a seguridade de todas as persoas participantes.

Ademais, a Consellería de Política Social oferta neste verán 348 prazas nun total de 29 campos de voluntariado (incluíndo as tres quendas de Cíes) para maiores de 18 anos por todo o territorio galego.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre