Inicio Galicia Política Social destaca a profesionalidade e calidade asistencial nas residencias e centros...

Política Social destaca a profesionalidade e calidade asistencial nas residencias e centros de maiores de Galicia

0

Ildefonso de la Campa sinalou que o obxectivo da Xunta é que os maiores que están en residencias se sintan como nas súas casas


O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, destacou esta mañá a calidade da atención que reciben as persoas que son usuarias das residencias que dependen da Administración autonómica, grazas ao compromiso e profesionalidade do persoal de servizos sociais. Díxoo nunha xornada sobre a Atención Centrada na Persoa (ACP), que estivo organizada pola Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de iniciativa social (Acolle) e que se celebrou no Seminario Maior de San Martín Pinario.

Ildefonso de la Campa sinalou que o obxectivo da Xunta de Galicia é que os maiores que están en residencias se sintan como nas súas casas, o que se consegue cunha atención integral na que se ten en conta as características individuais de cada persoa, así como os aspectos sanitarios e sociais que inflúen no benestar desta. A finalidade, explicou, é favorecer en todo momento a calidade de vida dos residentes, ofrecéndolles os recursos e coidados que precisen.

O programa da xornada consistiu en dous relatorios sobre a atención residencial a cargo de Antonio Valdenebro Alonso, director da Residencia Los Royales de Soria; e Alejandro Gómez Ordoki, economista especializado en servizos sociais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre