Inicio Galicia Política Social destaca a importancia do deporte para fomentar a autoestima e...

Política Social destaca a importancia do deporte para fomentar a autoestima e a inclusión das persoas con discapacidade

0

A Xunta apoia este tipo de eventos porque dan maior visibilidade a estas persoas e axudan a romper as barreiras e prexuízos que aínda persisten na actualidade


O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, salientou hoxe a importancia que ten o deporte como ferramenta de inclusión e para fomentar autoestima das persoas con discapacidade. Díxoo no acto de entrega de trofeos ás persoas que participaron na quinta edición da Carreira pola Diversidade organizada pola asociación Ambar, entidade que traballa en favor do benestar das persoas con diversidade funcional e as súas familias.

Ildefonso de la Campa sinalou que este tipo de eventos, ademais de dar máis visibilidade ás persoas con discapacidade, axudan a que a sociedade en xeral tome conciencia e a que se rompan as barreiras e prexuízos que aínda persisten na actualidade. Ademais, enxalzou o compromiso de entidades como Ambar no eido da inclusión social e laboral.

Por último, o director xeral garantiu a continuidade do apoio da Xunta de Galicia ao tecido asociativo que actúa no ámbito da atención á discapacidade, e avogou por avanzar no traballo conxunto e coordinado para ter unha Galicia máis integradora na que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre