Inicio Galicia Política Social destaca a contribución das casas niño e das casas do...

Política Social destaca a contribución das casas niño e das casas do maior para fixar e atraer nova poboación ao rural

0

O obxectivo do Goberno galego é seguir a impulsar estes servizos en 2020, co obxectivo de que todos os concellos teñan a posibilidade de dispoñer dun recurso de conciliación e ter en funcionamento 60 pequenos centros de día para maiores


A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, destacou a importancia das Casas niño e das Casas do maior para fixar e atraer poboación ao rural. Díxoo na Comisión 7ª de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes do Parlamento de Galicia, onde fixo balance destes dous programas que garanten atención gratuíta para as familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos e para as persoas maiores que viven en localidades de menos de 5000 habitantes.

Na súa intervención, Amparo González fixo fincapé na boa acollida destas dúas iniciativas que o Goberno galego seguirá a impulsar o vindeiro ano 2020. O obxectivo é que ao remate desta lexislatura todos os concellos galegos teñan a oportunidade de contar cun recurso de conciliación para a atención de nenas e nenos menores de 3 anos. Tamén se duplicará o número de Casas do maior ata chegar ás 60 xa o ano que vén. Na actualidade, concedéronse axudas para a creación de 75 Casas niño distribuídas por toda a xeografía galega, que suman 375 prazas de atención á primeira infancia sen custe algún para as familias; e ademais hai unha trintena de Casas do maior en funcionamento, que tamén son de balde para as persoas usuarias.

A directora xeral de Familia garantiu o compromiso do Executivo autonómico de seguir a traballar para que ningunha familia teña que decidir entre coidar dos seus ou traballar, ou entre vivir no rural ou na cidade. Neste sentido, destacou outras medidas que teñen incidencia no rural que recollen os Orzamentos de 2020, como o aumento nun 25% da contía da axuda da Tarxeta Benvida para as familias que teñen fillas ou fillos en concellos de menos de 5000 habitantes; a extensión a 200 concellos do programa de Coidados porta a porta, que presta de balde servizos de optometría, podoloxía, estimulación da memoria e asesoramento; ou o Xantar na casa, que leva menús equilibrados aos domicilios de persoas usuarias de 177 municipios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre