Inicio Galicia Política Social destaca a aposta pola sensibilización medioambiental de Equiocio

Política Social destaca a aposta pola sensibilización medioambiental de Equiocio

0


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe a inauguración dunha nova edición de Equiocio, evento hípico que se celebra na contorna da parroquia ferrolá de Covas. Ademais do alto nivel das probas equinas, este evento tamén destaca por unha programación baseada no ocio familiar.

Cristina Pichel subliñou a ampla gama de actividades que atesoura Equiocio, que aínda que xira arredor do cabalo ten unha perfecta combinación de deporte, ocio, cultura e turismo grazas a outras iniciativas como o surf e a defensa do medio ambiente.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre