O director xeral de Maiores e persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, clausurou hoxe na Cidade da Cultura a xornada A materia pendente do século XXI: A formación continua ao longo de toda a vida organizada pola Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors. Na súa intervención, destacou a importancia dos programas formativos dirixidos aos maiores para promover un envellecemento saudable.
O director xeral indicou que, entre outras actuacións, a Xunta procura que as galegas e galegos de máis idade teñan ao seu alcance alternativas de ocio e formación que respondan ás súas expectativas. Tamén defendeu que os maiores continúen a participar de maneira activa en todos os ámbitos da sociedade.