A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, asistiu esta tarde á festa do Samaín que organizou a Fundación Neuroburgas Dano Neurolóxico. Alí compartiu a celebración coas nenas e nenos que participan do proxecto socioeducativo que desenvolve a entidade.
Amparo González destacou o traballado que realiza Neuroburgas na atención das pequenas e pequenos con diversidade de trastornos para garantirlles unha mellor calidade de vida e axudarlles ao desenvolvemento das súas capacidades. Un labor que lle permite ser un referente para a provincia de Ourense e para o que seguirán a contar co apoio da Xunta de Galicia.