Inicio Galicia Política Social avoga pola formación para seguir a avanzar na integración e...

Política Social avoga pola formación para seguir a avanzar na integración e mellora da calidade de vida da poboación xitana

0

Salienta a importancia deste tipo de accións para fomentar a igualdade de oportunidades e superar os prexuízos que aínda persisten na sociedade


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, destacou esta mañá a importancia da formación como ferramenta para a integración e para mellorar as condicións de vida. Díxoo no acto de clausura dos cursos en operacións básicas de restaurante e bar, e en comercio tradicional e dixital organizados pola Fundación Secretariado Gitano ao abeiro do programa Acceder.

Arturo Parrado felicitou ás persoas e empresas colaboradoras que participaron nesta iniciativa que permite avanzar cara a igualdade de oportunidades, así como na superación das dificultades e prexuízos que aínda persisten. Neste sentido, avogou por continuar a traballar na eliminación de calquera tipo de discriminación, a través da sensibilización, a formación e a intervención coas familias.

A Xunta de Galicia achega anualmente 66.000 euros á Fundación Secretariado Gitano para financiar o desenvolvemento de itinerarios personalizados de inserción sociolaboral, ademais de actuacións formativas e de reforzo educativo dirixidas á poboación xitana

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre