Inicio Galicia Política Social asina un convenio con Cruz Vermella que destina 170.000 euros...

Política Social asina un convenio con Cruz Vermella que destina 170.000 euros ao acompañamento e apoio ás persoas sen fogar

0
image_gallery.jpg

Permitirá dar información ás persoas en situación de rúa sobre as axudas e servizos aos que poden acceder, así como apoio psicolóxico e asesoramento legal


A conselleira de Política Social, Fabiola García, e a presidenta de Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro, asinaron esta mañá un convenio polo o que o Goberno galego destina 170.000 euros ao acompañamento e apoio ás persoas sen fogar. O acordo busca dar cobertura a un colectivo que, segundo apuntou a conselleira, “precisa máis ca nunca do noso apoio”.

Fabiola García sinalou que esta iniciativa permitirá darlle información ás persoas en situación de rúa sobre os servizos e axudas ás que poden acceder, apoio psicolóxico, asesoramento legal e axuda no acceso á vivenda, entre outras cuestións.

A conselleira lembrou que este acompañamento integral se suma aos proxectos postos en marcha pola Xunta durante os últimos anos, como son o Plan de atención a persoas sen fogar ou a creación dos primeiros centros residenciais para a atención ás persoas en situación de rúa, que conta no centro de Padre Rubinos na Coruña con 11 prazas.

De tres a seis mesesAsí mesmo, destacou o éxito de acollida da Tarxeta Básica, tamén en colaboración coa Cruz Vermella, que desde a súa implantación no mes de xullo permite a compra de alimentos e produtos de hixiene e farmacia a máis de 8.000 familias de toda Galicia. Neste sentido, a titular da Consellería de Política Social anunciou que este xoves se ampliará o seu funcionamento de tres a seis meses para seguir chegando a máis xente.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre