Inicio Galicia Política Social aposta pola formación como vía para favorecer a reinserción das...

Política Social aposta pola formación como vía para favorecer a reinserción das persoas en risco de exclusión

0

Destínanse 273.000 euros a distintos programas desta entidade en Marín, Bueu, Cangas, Moaña e Poio


A Consellería de Política Social aposta pola formación das persoas en risco de exclusión para mellorar a súa inclusión sociolaboral. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá as instalacións da Asociación Rexurdir en Marín acompañado pola alcaldesa de Marín, María Ramallo. Unha entidade coa que o Goberno galego vén traballando durante os últimos anos e á que destina 273.000 euros.

En concreto, a Administración autonómica colabora na posta en marcha de cursos para competencias clave, iniciación á informática, preparación de probas libre da ESO e cursos de español nos seus centros de Marín, Bueu, Cangas, Moaña e Poio. Ademais tamén ofrece servizos de conciliación familiar para os seus usuarios.

O director xeral de Inclusión Social destacou a importancia de ofrecer un itinerario personalizado a cada unha destas persoas para favorecer a súa integración social e laboral. Arturo Parrado gabou o labor desta entidade e garantiu a colaboración da Administración autonómica para seguir impulsando programas coma estes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre