Inicio Galicia Política Social apoia a estrea da curtametraxe galega ?Lilith', que dá visibilidade...

Política Social apoia a estrea da curtametraxe galega ?Lilith', que dá visibilidade ás persoas que teñen a súa autonomía limitada

0

A Cidade da Cultura acolleu a primeira proxección deste filme que relata o día a día de nove mulleres que forman parte da federación

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu este serán á estrea da curtametraxe ‘Lilith’, promovida por Fademga Plena Inclusión. O acto, que trala proxección acolleu un coloquio entre o público asistente, tivo lugar no auditorio 1 do espazo CINC da Cidade da Cultura de Galicia.

O filme está dirixido por Rafael de Ramón Heredia e protagonizado por nove mulleres con discapacidade que abordan temas como a maternidade, a sexualidade ou o descoñecemento que ten a poboación en xeral sobre as dificultades que teñen que superar nas súas vidas cotiás as persoas con discapacidade.

O responsable da área autonómica de Discapacidade destacou a importancia que teñen iniciativas como esta para “dar máis visibilidade a este colectivo e para tomar conciencia sobre a necesidade de seguir a avanzar cara unha sociedade sen barreiras e máis integradora”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre