Inicio Galicia Política Social agradece á Fundación Coral Casablanca as súas actividades en favor...

Política Social agradece á Fundación Coral Casablanca as súas actividades en favor das persoas maiores con alzhéimer

0

A entidade puxo en marcha hai un ano un coro no que participan persoas que padecen esta doenza neurodexenerativa

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu este serán a un concerto dedicado ás persoas con Alzhéimer, as súas familias e aos seus coidadores. A Fundación Coral Casablanca de Vigo organizou este evento solidario, que se desenvolveu no Museo do Mar.

A Fundación Coral Casablanca realiza ao longo do ano varias actividades musicais destinadas á promoción da música galega e tamén para apoiar aos maiores que teñen algunha doenza neurodexenerativa. A entidade viguesa puxo en marcha en 2018 o coro Gepetto, formado por persoas maiores de 65 anos, e o ano pasado creou o coro Los sonidos de la memoria, no que participan pacientes de alzhéimer.

González Abeijón agradeceu á fundación viguesa o seu interese por mellorar a calidade de vida dos nosos maiores a través da música como unha ferramenta máis para estimular a memoria.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre