Inicio Galicia Política Social achega os Programas de Xuventude e Voluntariado da Xunta de...

Política Social achega os Programas de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia no Tinglado Solidario de Vigo

0

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe o Tinglado Solidario da cidade de Vigo onde, durante esta fin de semana e o vindeiro 4 de xaneiro, se ofrece información dos distintos programas e iniciativas impulsados desde a Xunta de Galicia en materia de xuventude e voluntariado. A directora xeral destacou que Galicia é a comunidade autónoma máis solidaria, na que máis de 8000 persoas participan activamente en distintas campañas e programas de voluntariado. Así mesmo, sinalou a importancia dunha sociedade comprometida e solidaria na que se fomente o benestar de todas as galegas e galegos. Cristina Pichel apuntou que este compromiso seguirá sendo unha prioridade do Goberno galego de cara ao ano 2020 cando a Administración autonómica destinará 80 millóns de euros ás políticas sociais de Vigo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre