Inicio Galicia Política Social achega a innovación e a tecnoloxía á mocidade a través...

Política Social achega a innovación e a tecnoloxía á mocidade a través dos obradoiros e charlas de ?Ciencia aberta'

0
image_gallery.jpg

As persoas que participan nesta proposta adquiren de maneira práctica habilidades nos campos da electrónica, o deseño, a impresión 3D ou a informática, entre outros


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, tivo a ocasión de coñecer hoxe algúns dos proxectos que están a realizar os estudantes que forman o grupo ‘Ciencia Aberta’ da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña (UDC). Trátase dunha proposta enmarcada no programa Iniciativa Xove da Administración autonómica, que ten como obxectivo achegar a ciencia e a tecnoloxía á mocidade.

A través de ‘Ciencia Aberta’ organízanse charlas, grávanse vídeos e lévanse a cabo obradoiros que xiran ao redor de iniciativas innovadoras. Cristina Pichel destacou que con esta proposta se promove a divulgación, a aprendizaxe e a creación. Tamén apuntou que as persoas que participan nestes obradoiros adquiren de maneira práctica diferentes habilidades, como técnicas de electrónica, deseño, impresión 3D ou informática, entre outras.

O Goberno galego financia ao abeiro desta nova convocatoria de axudas do programa Iniciativa Xove un total de 86 proxectos, nos que as persoas novas son as protagonistas e as encargadas tanto de planificar como de desenvolver as actividades que elas mesmas deseñan. Estas axudas contan cun orzamento global de 400.000 euros e benefician directamente a máis de 400 mozas e mozos como promotores de iniciativas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre