Inicio Galicia Política Lingüística e a USC presentan un novo compendio terminolóxico do ámbito...

Política Lingüística e a USC presentan un novo compendio terminolóxico do ámbito do dereito

0

Valentín García participou esta mañá na rolda de prensa en que se deu a coñecer o glosario trilingüe ‘Termos esenciais de dereito do traballo e da seguridade social’


O secretario xeral de Politica Lingüística, Valentín García, participou esta mañá, no salón de graos da Facultade de Dereito compostelá, na rolda de prensa en que se deu a coñecer o novo vocabulario Termos esenciais do dereito do traballo e da seguridade social, elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago (USC) co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

García Gómez incidiu, durante a súa intervención, na “importancia do traballo terminolóxico para manter actualizada unha lingua e favorecer que os falantes a empreguen nos máis diversos ámbitos, dotándoa deste xeito da vida que só pode dar o uso frecuente e variado e do prestixio que lle confire o ser empregada en campos coma o do dereito, que hoxe nos convoca aquí”.

O secretario xeral estivo acompañado por Gumersindo Feijoo Costa, vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC; Gumersindo Guinarte Cabada, decano da Facultade de Dereito da mesma universidade, e a profesora Alicia Villalba Sánchez, coautora do glosario xunto con Xusto A. Rodríguez Río.

Leer más:  David Regades jura nuevamente como delegado en la Zona Franca de Vigo después de haber estado ocho meses en el Congreso

Máis de 1000 conceptosTermos esenciais de dereito do traballo e da seguridade social é un glosario trilingüe (galego-español-inglés) que recolle máis de 1000 conceptos dos ámbitos indicados no seu título. Esta publicación completa a colección de vocabularios básicos de dereito elaborados polo Servizo de Normalización Lingüística da USC, na que se incluíron propostas terminolóxicas de dereito constitucional, penal, internacional, civil, administrativo e mercantil.

Colaboración para a normalización lingüísticaA elaboración e publicación deste traballo foi froito da colaboración entre a Universidade compostelá e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo, que ten asinado con ela un convenio de colaboración en materia de normalización da Lingua Galega. O dito convenio posibilita tamén a celebración de diversos cursos de formación, o apoio á redacción e defensa en galego de teses, traballos de fin de grao e de fin de mestrado ou o subtitulado de vídeos TED do ámbito da saúde, entre outras accións.


- Te recomendamos -