Inicio Galicia Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no Concello de Trazo

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no Concello de Trazo

0

No que vai de ano, un total de 20 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración co persoal do Distrito Forestal III Santiago-Meseta, veñen de esclarecer un incendio ocorrido este mes de marzo. O fogo tivo lugar no lugar da Igrexa, parroquia de Berreo, Concello de Trazo.

Os axentes tomaron declaración a un varón como presunto autor dun incendio forestal o pasado 22 de marzo. O lume produciuse cando o investigado realizaba unha queima de restos agrícolas, na que non se observaron todas as medidas de seguridade que establece a Lei. Arderon 0,63 hectáreas de monte (0,03 hectáreas de arborado e 0,60 de raso).

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ordes (A Coruña).

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 20 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre