Inicio Galicia Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello de Muras

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello de Muras

0

No que vai de ano, un total de 49 persoas foron investigadas pola policía autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Policía Autonómica, en colaboración con axentes forestais, veñen de esclarecer un incendio forestal ocorrido no concello de Muras (Lugo) coa identificación do presunto autor do mesmo.

Os policías integrantes do Grupo de Investigación de Incendios da sede provincial de Lugo, xunto con axentes forestais do Distrito X-Terra Chá, procederon a tomar declaración como investigado a un varón como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado 2 de xuño na parroquia de Silán, que afectou a unha hectárea de superficie rasa.

O lume orixinouse cando o investigado realizaba unha queima de restos forestais sen cumprir as medidas de seguridade. As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Vilalba.

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 49 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre