Inicio Galicia Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen sendos incendios nos concellos de Boiro...

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen sendos incendios nos concellos de Boiro e Padrón

0

No que vai de ano, un total de 19 persoas foron investigadas pola policía autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración con axentes forestais do Distrito Forestal IV Barbanza, veñen de esclarecer dous incendio ocorridos este mes de marzo. O primero, no lugar de Sealo, na parroquia de Lampón, no concello de Boiro. O segundo, no lugar de Cortiñas, na parroquia de Herbón, no concello de Padrón.

No incidente no concello de Boiro, os axentes tomaron declaración a un varón como presunto autor dun incendio forestal o pasado 18 de marzo. O lume produciuse cando o investigado realizaba unha queima de restos agrícolas sen gardar as preceptivas medidas de seguridade. Arderon 0,83 hectáreas de monte (0,11 hectáreas de arborado e 0,72 de raso). Do actuado, as dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ribeira (A Coruña).

Respecto ao lume no concello de Padrón, os axentes tomaron declaración a un varón como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado día 22 de marzo. O lume orixinouse cando o investigado realizaba unha queima de restos forestais, para a cal non contaba coa preceptiva autorización da Consellería do Medio Rural, na que non se observaron todas as medidas de seguridade que establece a Lei. Arderon 0,30 hectáreas de monte raso. Do actuado, remitiuse atestado ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Padrón (A Coruña).

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 19 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre