Inicio Galicia Personaxes de 13 entroidos galegos desfilarán o vindeiro 8 de setembro polas...

Personaxes de 13 entroidos galegos desfilarán o vindeiro 8 de setembro polas rúas do casco vello de Santiago de Compostela

0

A directora de Turismo, Nava Castro, presentou hoxe esta iniciativa de promoción que dá a coñecer estas festas entre os viaxeiros que visitan Galicia no verán


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe o Desfile dos Entroidos, un pasarrúas que o vindeiro 8 de setembro percorrerá as rúas do casco vello de Santiago de Compostela cos personaxes de 13 entroidos, varios dos cales participaron no acto para dar a coñecer este evento promocional.

Galicia conta con nove entroidos recoñecidos como festa de interese turístico. Dous deles, Xinzo de Limia e Verín, acadaron a declaración como festa de Interese Turístico Nacional, mentres que outros sete son de Interese Turístico de Galicia: Viana do Bolo, Cobres, Laza, Manzaneda, Xenerais da Ulla (que abarca nove concellos da contorna da capital galega), Maceda e Vilariño de Conso. Todos participarán nun pasarrúas, que comezará e rematará na praza do Obradoiro, e ao que se sumarán catro carnavais invitados: Entroido Ribeirao de Chantada, Bonitas de Sande (Cartelle), Vellaróns de Riós e Vergalleiros de Sarreaus.“Trátase dunha oportunidade única para coñecer os diferentes entroidos galegos, que unha vez ao ano se reúnen para amosar os seus personaxes máis característicos”, subliñou Nava Castro sobre a iniciativa promocional da Xunta. Como sinalou, o obxectivo é dar a coñecer e poñer en valor unhas das riquezas do patrimonio etnográfico da Comunidade e amosar aos milleiros de turistas a variedade desta xenuína tradición, animándoos a coñecela no inverno.

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

Para os galegos será tamén unha ocasión inmellorable de ver xuntos a personaxes como os pantallas de Xinzo, os cigarróns de Verín, os boteiros e folións de Viana, os peliqueiros de Laza, as madamas e galáns de Cobres (Vilaboa), as mázcaras de Manzaneda, os xenerais e os correos da Ulla (A Estrada, Boqueixón, Padrón, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces), os felos de Maceda, os boteiros de Vilariño, os volantes de Chantada, as bonitas de Sande, os vellaróns de Riós e os vergalleiros de Sarreaus.

Como lembrou, a Estratexia do turismo 2020 impulsa os valores que mellor identifican a Galicia e o entroido atópase entre eles pola súa autenticidade. Así mesmo, traballa para recibir viaxeiros todo o ano, facendo que a temporada media e baixa sexa cada vez máis importante: “Hai moitas razóns para visitar Galicia en verán, pero somos un destino con numerosos recursos, festas e produtos para gozar tamén en outono, inverno e primavera”.

Folleto e percorridoPara a ocasión editouse un folleto que recolle os detalles dos diferentes entroidos así como dos personaxes que participarán no desfile. Todos estarán no Obradoiro a partir do mediodía e ás 12,30 horas encherán de cor e son as rúas de Fonseca, Vilar, praza do Toural, Cantón do Toural, rúa Nova, rúa de Xelmírez, Cinco Rúas, rúa do Preguntoiro, praza de Cervantes, rúa da Acibechería, praza da Inmaculada, Arco de Xelmírez (no caso das persoas a pé) ou rúa das Dúas Portas-Rúa de San Francisco (no caso dos Xenerais da Ulla) e Obradoiro. 

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

- Te recomendamos -