Inicio Galicia Permanece aberto o prazo para solicitar as axudas de investimentos nas explotacións...

Permanece aberto o prazo para solicitar as axudas de investimentos nas explotacións agrícolas de produción vexetal

0

O DOG publicou o pasado 30 de xullo a orde da Consellería do Medio Rural, que ten como finalidade incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións de horta mediante a súa modernización


A Consellería do Medio Rural lembra que aínda está aberto o prazo para solicitar as axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, tras ser publicada a orde o pasado 30 de xullo no Diario Oficial de Galicia.

Estas achegas, que contan cun orzamento dun millón de euros, están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). O seu obxectivo é o de mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, á vez que se reducen as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes desta actividade produtiva. Os investimentos materiais ou inmateriais subvencionables son todos aqueles que impliquen unha mellora do rendemento global, da competitividade ou da viabilidade da explotación. Así, entraría dentro desta orde a reforma ou construción de instalacións, a compra de maquinaria, a compra de construción agrarias en desuso, a plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola e a compra de terreos por un valor inferior ao 10% do custe subvencionable. Como investimento inmaterial, serán subvencionables os gastos como honorarios dos técnicos que elaboren proxectos de construción ou reforma, licencias de software, entre outros.

Poderán ser beneficiarios de ditas axudas todos aqueles titulares de explotacións agrícolas que estean inscritos no Rexistro de Explotacións Agraria de Galicia (Reaga) e teñan unha orientación técnica económica principal baseada en horticultura ao aire libre ou en invernadoiro, horticultura e cultivos diversos, cultivos leñosos, sementes e plántula de hortalizas ou de pataca.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo de presentación das solicitudes remata o vindeiro 30 de agosto.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre