Inicio Galicia Perfecto Rodríguez visita o centro de día da rede de maiores da...

Perfecto Rodríguez visita o centro de día da rede de maiores da Xunta en Cabana de Bergantiños

0

Conta cunha capacidade máxima de 34 prazas e 9 profesionais para a prestación do servizo


O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez, acompañado polo alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muiño, visitou este mediodía o centro de día da rede de centros de atención á maiores da Xunta de Galicia nese concello coruñés.

Perfecto Rodríguez e o rexedor estudaron, xunto con técnicos do Consorcio e do Concello de Cabana, as posibilidades futuras en canto á mellora dos espazos no centro de día, que conta cunha capacidade máxima de 34 prazas para persoas maiores e dependentes.

Na actualidade, o centro ten 30 usuarios (23 dos cales utilizan o servizo de transporte para acudir ao centro e regresar ás súas casas ao remate da xornada) e dispón de nove profesionais (cinco xerocultores, unha traballadora social, unha educadora social, un traballador de servizos xerais e unha terapeuta, que tamén é a directora).

O xerente do Consorcio, que quixo comprobar in situ cal é o estado das dependencias e a calidade na prestación do servizo, lembrou a visión supramunicipal que rexe toda a planificación da rede de centros de maiores da Xunta de Galicia. De feito, o centro de Cabana de Bergantiños atende neste momento a maiores e dependentes do propio concello no que está asentado (10 deles), pero tamén de Ponteceso (outros 10), Malpica (6), Zas (2) e Laxe (2). 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre