Inicio Galicia Perfecto Rodríguez participa na celebración do undécimo aniversario do centro de día...

Perfecto Rodríguez participa na celebración do undécimo aniversario do centro de día de Portas

0

Atende a 40 maiores do propio concello e doutros da súa área de influencia


O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez, asistiu a primeira hora desta tarde, acompañado polo alcalde de Portas, Víctor Estévez, aos actos organizados co gallo do undécimo aniversario do centro de día desa localidade, integrado na rede de centros para atención aos maiores da Xunta de Galicia.

O programa da celebración incluíu un obradoiro de elaboración de tortas, un xantar especial e a entrega por parte do xerente do Consorcio dun diploma conmemorativo á persoa usuaria do centro con máis antigüidade. Trátase de Mercedes Sabarís, de 83 anos de idade, que leva once anos acudindo ao centro de día de Portas. Durante a xornada festiva, tamén tivo lugar unha sesión extraordinaria de estética e spa e unha merenda, na que se degustaron as tortas elaboradas no obradoiro da mañá.

No centro de día de Portas, que xestiona o Consorcio, traballan 11 profesionais e dispón de servizo de comidas. Ten unha capacidade máxima de 40 prazas, todas elas cubertas por usuarios do propio municipio e da súa área de influencia, e dos que 34 utilizan o servizo de transporte.

O xerente do Consorcio amosou a súa satisfacción polo alto nivel de prestación que ten logrado nestes anos o centro de día de Portas, “garantindo en todo momento non só unha boa atención para os maiores e dependentes, senón facilitándolle tamén a conciliación da vida persoal e laboral dos seus familiares”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre