Inicio Galicia Patrimonio valora positivamente as obras de mellora de accesibilidade no contorno da...

Patrimonio valora positivamente as obras de mellora de accesibilidade no contorno da muralla e no Kiosko Alfonso e a reurbanización do lavadoiro de Elviña na Coruña

0

O Consello Territorial da provincia tamén informou favorablemente a actuacións nos concellos de Boiro, Porto do Son, Noia, Dodro, Padrón e Teo

O Consello Territorial de Patrimonio de Galicia deu o visto bo a varios proxectos e actuacións na provincia da Coruña concretamente nos concellos da Coruña, Boiro, Porto do Son, Noia, Dodro, Padrón e Teo.

Na cidade da Coruña, o Consello valorou positivamente os proxectos de mellora da accesibilidade do espazo público no contorno da Muralla, con control arqueolóxico e do entorno do Kiosko Alfonso. Ademais, deuse o visto bo á reurbanización no contorno do lavadoiro de ElviñaNa comarca do Barbanza autorizouse en Boiro a mellora medioambiental no contorno do Pazo de Goiáns no estuario do río Coroño, tramo do Coido, en Noia deuse o visto bo ao repintado da inscrición do Cruceiro de Barro e en Porto do Son emitiuse informe favorable á restauración do Cruceiro de Portosín.

Na comarca de Santiago valorouse positivamente en Padrón o proxecto de sinalización do Xardín Botánico e en Teo autorizouse á restauración do Cruceiro do campo da festa de Agosto, en Santa Baia de Oza. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre