Inicio Galicia Patrimonio Cultural autoriza as obras de acondicionamento do Paseo das Avenidas por...

Patrimonio Cultural autoriza as obras de acondicionamento do Paseo das Avenidas por parte da Autoridade Portuaria de Vigo

0

Informa favorablemente á reconstrución do paseo marítimo na contorna da dársena náutica e á reforma do tramo lousado nas rúas de As Avenidas e Cánovas del Castillo e na zona correspondente ao viario de Beiramar

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural vén de informar favorablemente as obras de acondicionamento do Paseo das Avenidas por parte da Autoridade Portuaria de Vigo, que licitou este proxecto, así como o carril bici ata O Berbés, por un importe de 8 millóns de euros.

A Dirección Xeral, pese a que establece algúns condicionantes a ter en conta, da o seu visto e prace a actuación un mes despois de recibir os tres expedientes que completan o proxecto en conxunto. Deste modo, entende que tanto a proposta de reconstrución do paseo marítimo como a reforma do tramo lousado nas rúas de As Avenidas e Cánovas del Castillo e a zona correspondente ao vial de Orillamar son compatibles coa protección do patrimonio.

En todo caso, atendendo a cada un dos expedientes, salvo no que atinxe á reconstrución do paseo marítimo na contorna da dársena náutica, establece unha serie de condicións que terán que terse en conta. Así, respecto ao acondicionamento do tramo lousado sinala que a reparación do pavimento deberá estenderse á totalidade da superficie do mesmo, sen admitirse parcheados, reparacións parciais ou novas descontinuidades. Tamén apunta ao uso dunha cor neutra, pouco saturada e de acabado mate. En canto aos materiais admite formigón de acabo liso non impreso ou de árido lavado, así como o lousado de granito gris alba.

En canto ao carril bici, recolle que debe procurarse un tratamento homoxéneo ao longo do seu trazado, e a integración de cor e material en consonancia co ámbito máis inmediato. Considera así que deben evitarse os pavimentos de resina, e recomenda debuxar as liñas e límites sobre os pavimentos existentes en todo o seu trazado. Unicamente neste caso admite o uso de cores intensas e acabados brillantes.

De ser precisa a substitución dalgún servizo existente ou a instalación dalgún novo (coidando o material empregado, o seu acabado e cor) que implique a remoción das terras no tidas en conta no proxecto achegado pola Autoridade Portuaria, recorda que deberá presentarse unha nova autorización para a súa valoración por parte da Dirección Xeral. No caso e atopar algún resto patrimonial informa que se deberá avisar consecuentemente do achado ao Servizo Municipal de Arqueoloxía e ao órgano autonómico competente na materia.

Viario de BeiramarXa por último, respecto ao viario de Beiramar, posto que as actuacións descritas no proxecto requiren de movementos de terra nun área onde poderían documentarse restos vencellados aos xacementos Rúas Marqués de Valterra-J.

Ramón Jiménez e Picacho/San Francisco (bens catalogados segundo o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo), considera necesario levar a cabo un control arqueolóxico das obras, cuxo proxecto deberá entregarse para a súa autorización por parte de Patrimonio Cultural. Ata entón, avisa, non poderán iniciarse as obras e as condicións poderán ser modificadas á vista dos resultados.

Tamén apunta a Dirección Xeral que neste tramo, comprendido entre as parazas da Industria Conserveira e a do Porto Pesqueiro, procurarase un tratamento homoxéneo dos percorridos peonís, escollendo unha cor e acabado para os pavimentos de formigón empregados nos accesos de vehículos similar aos das de baldosas do resto do ámbito.

Respecto ao carril bici, subliña que debe darse un tratamento discreto e homoxéneo ao trazado e ter en conta a súa integración en canto a cor e material co ámbito. Deberase por tanto igualar os acabados e cores dos pavimentos de formigón de uso mixto e de resina do carril bici, empregando mates e tonalidades neutras (beixes, ocres ou grises).

En calquera dos casos anteriores, puntualiza que deberán evitarse cores rechamantes nas novas instalacións o renovación de servizos e utilizar para as arquetas unicamente tampas de función dúctil o revestidas co mesmo pavimento da área. En ningún suposto poderase usar materiais plásticos nin de acabado brillante ou metalizado.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre