Inicio Galicia Patrimonio autoriza a nova proposta de cubrición do escudo do IES Santa...

Patrimonio autoriza a nova proposta de cubrición do escudo do IES Santa Irene

0

Infórmase positivamente esta solución, máis branda e respectuosa con este inmoble do vigués Cominges Tapias, que goza da protección estrutural

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural vén de informar positivamente o expediente de modificación da proposta de actuación no escudo franquista do IES Santa Irene promovido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, tendo en conta que se trata dunha solución máis branda e respectuosa co conxunto do inmoble, obra proxectada polo eminente arquitecto vigués Antonio Cominges Tapias, realizada entre os anos 1941 e 1946 e recollida no catálogo do PXOM 2008 como inmoble con protección estrutural.

No presente caso, proponse a cubrición do escudo mediante unha solución máis branda que a anteriormente presentada, que consistía nunha chapa metálica de aceiro inoxidable, ancorada á fachada e de dimensións similares ao escudo. Agora, o material empregado será o metacrilato e o deseño da solución afectará ao conxunto da superficie do petril que enmarca o propio escudo, entendéndose que a proposta é así máis acaída e respectuosa coa imaxe xeral da fachada −realizada con perpiaños de granito de Ulló−, e cos valores culturais que acredita o inmoble.

O devandito expediente de modificación incorpórase ao proxecto de rehabilitación integral que neste centro está acometendo a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que permitirá adaptalo á normativa de accesibilidade vixente e mellorar a súa eficiencia enerxética, e que xa foi informado favorablemente o pasado 1 de xuño.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre