Inicio Galicia Padrón acolle ata finais de xullo a exposición en 3D ?De mar...

Padrón acolle ata finais de xullo a exposición en 3D ?De mar a mar? coa que a Xunta celebra o ano do Camiño Portugués

0

Tras o seu paso por Pontevedra con éxito de público, esta mostra itinerante pode verse ata finais deste mes no Claustro do Convento do Carme en horario de tarde


A localidade de Padrón acolle ata o 29 de xullo a exposición itinerante en 3D De mar a mar, coa que Turismo de Galicia está a celebrar o ano do Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa. A mostra, que chega a Padrón tras o seu paso con éxito pola cidade de Pontevedra, é unha recompilación de varias fotografías en tres dimensións e de gran formato realizadas coa técnica estereográficaAs imaxes retratan o patrimonio, as paisaxes e aos propios peregrinos tanto do Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa como do Camiño Inglés e o de Fisterra e Muxía, as catro rutas nas que está presente esta mostra itinerante e ás que o Plan director do Camiño de Santiago dedica os principais investimentos nestes dous últimos anos.

A exposición enmárcase nas accións de dinamización cultural que se están a levar a cabo este ano en diferentes localidades do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa aos que o Plan director do Camiño de Santiago dedica este ano. A Xunta está a centrar os seus esforzos en 2018 en ambos itinerarios tanto con actuacións de acondicionamento e mantemento como con accións divulgativas e culturais, como esta exposición que poderá visitarse en Padrón no Claustro do Convento do Carmen ata o vindeiro 29 de xullo de luns a sábado de 18,00 a 21,00 horas.

Leer más:  La operación en Ourense y Pontevedra contra fabricantes de narcolanchas continúa abierta con seis detenidos

Xunto a esta mostra, Padrón tamén ten presenza nas actividades de dinamización previstas para este ano, como o programa musical e de contacontos Vive o Camiño, organizado por Turismo de Galicia, cuxa parada nesta localidade coruñesa está fixada para o vindeiro mes de setembro coa participación de Celso F. Sanmartin e Silvia Penide. 


- Te recomendamos -