Inicio Galicia Ovidio Rodeiro visita o CRA Boqueixon-Vedra ?Neira Vilas? que conta con varios...

Ovidio Rodeiro visita o CRA Boqueixon-Vedra ?Neira Vilas? que conta con varios programas de innovación educativa

0

O delegado territorial da Xunta na Coruña destacou que estes plans novedosos son ferramentas moi útiles para mellorar a formación dos alumnos

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo inspector de educación Celso Currás Fernández e o alcalde de Boqueixón Manuel Fernández, e polo alcalde de Vedra, Carlos Martínez, visitaron o CRA Boqueixón-Vedra “Neira Vilas”, concretamente a escola de Sergude.

Xeograficamente os centros que compoñen este CRA están situados nos concellos de Boqueixón e Vedra: 3 escolas no primeiro concello, nas parroquias de Lestedo, Sergude e Camporrapado; e 3 escolas no concello de Vedra, nas parroquias de San Fins de Sales, San Xulián de Sales e San Miguel de Sarandón. Ovidio Rodeiro agradeceu aos dous rexedores as distintas inversións realizadas en materia de melloras e de mantemento destes centros educativos nos últimos anos.

Estes colexios contan con varios dos programas innovadores que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pon a disposición dos centros educativos para mellorar a formación dos seus alumnos. Estas escolas de Educación Infantil e Primaria teñen 110 alumnos e 15 profesores.

O representante do goberno autonómico destacou que “este CRA foi o primeiro de Galicia en ser “Escola na Nube", que ten como obxectivo xeral o deseño e a validación dun producto tecnolóxico que permita a utilización das TIC de forma efectiva para a mellora da aprendizaxe en colaboración cos pequenos colexios rurais, baseada en solucións de cloud computing, virtualización e software libre”.

Ovidio Rodeiro comprobou os avances no seu proxecto de Robótica que ten como obxectivo a introdución da robótica nas aulas e traballar coas Tics dun xeito dinámico e partindo sempre de centros de interese do alumnado. Utilizan aplicacións informáticas vinculadas coa Robótica e innovación educativa cas que o alumnado traballa os seus nomes enlazando a imaxe de cada nome cun vídeo feito por eles mesmos; tamén son coñecedores do uso dos códigos Qr enlazándoos á información de distintos tipos de textos e a vídeos que eles mesmos realizan. Dado que o xogo é unha ferramenta primordial nesta etapa, o alumnado utiliza xogos de programación con robots empregando contidos que se traballan na aula como números, cantidades, palabras significativas, etc.

O delegado territorial puntualizou que “estes plans son ferramentas moi útiles para aportar un plus á capacitación dos alumnos porque inciden en temas como o respecto a formación plurilingüe ou a potenciación das bibliotecas como punto de encontro da comunidade educativa por poñer algúns exemplos”Concretamente, o CRA Boqueixón-Vedra “Neira Vilas” participa no programa de potenciación das linguas pois son centro plurinfantil que conta cun auxiliar de conversa e ofertan seccións bilingües. Ademais, teñen un Plan Permanente de Formación do Profesorado que permite deseñar accións formativas destinadas á actualización e ao perfeccionamento das competencias do profesorado, para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado.

Este centro participa no Plan de Mellora de Bibliotecas (Plambe) que ten como obxectivo aportar un apoio extra, por parte da Administración educativa, para a actualización dos fondos bibliotecarios, a renovación do mobiliario e doutros equipamentos necesarios e para a prestación dos servizos da biblioteca. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre