Inicio Galicia Ovidio Rodeiro visita o CPI Virxe da Cela en Monfero, un centro...

Ovidio Rodeiro visita o CPI Virxe da Cela en Monfero, un centro educativo de referencia na comarca

0

O delegado territorial supervisou o final da obra do peche do lateral do patio exterior rematando o cerramento completo e dunha rampla de acceso a uns baños


O delegado territorial da Xunta visitou esta mañá as instalacións do CPI Virxe da Cela no concello de Monfero para supervisar os remate das obras que consistiron en pechar o lateral do patio que quedaba pendente para o cerramento completo da pista cun custe de 11.700 euros. Esta obra foi unha demanda do equipo directivo do centro para poder empregar estas instalacións nunhas boas condicións especialmente no meses de inverno. Ademais, levouse a cabo a instalación dunha rampla de acceso a uns baños para mellorar a accesibilidade dos mesmos.

O delegado territorial lembrou que na comarca de Ferrol a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten previstas actuacións en 20 centros educativos.nas que investirán máis de 1,6 millóns.

Este centro educativo conta con 134 alumnos e 26 profesores e caracterízase por ser moi activo na participación en programas e iniciativas. En moitos casos os seus traballos foron premiados. Trátase dun centro plurilingüe e ten implantados os programas Abalar e Dixgal.

Leer más:  Cientos de manifestantes en Vigo protestan por las recientes muertes en el ámbito laboral, clamando: "Nuestras vidas son lo más importante"

Ovidio Rodeiro agradeceu aos responsables deste centro “o importante esforzo que están a facer no eido educativo e boa proba deste éxito son os galardóns que reciben os seus alumnos cando se presentan ás convocatorias de concursos e premios”.

Neste senso, felicitou aos gañadores do Premio do Día das Letras Galegas 2018, “Contádenos o voso Día das Letras Galegas” que organiza, todos os anos, a Real Academia Galega. Este premio creouse co obxectivo de coñecer e difundir como celebraron o Día das Letras Galegas os centros encargados da educación do alumnado de menor idade, ao abeiro de Primavera das Letras. Este proxecto web da RAG permite que desde 2016 a comunidade escolar conte con contidos lúdicos e didácticos arredor da figura protagonista do 17 maio desde unha perspectiva interdisciplinaria.

O CPI Virxe da Cela apostou pola linguaxe radiofónica. O alumnado de primeiro e segundo gravou un conto inspirado en personaxes das obras de María Victoria Moreno e o de cuarto, un programa dedicado á autora con entrevistas a Eli Ríos, Monste Pena, Francisco Castro, Fran Alonso e Andrea Jamardo.

Leer más:  La familia de la mujer gallega desaparecida en un buque del CSIC se prepara para tomar más acciones judiciales después de que se archive la causa

O alumnado deste CPI tamén recibiu recentemente outro recoñecemento dentro do certame “Aprendendo Programando”, organizado polo Colexio de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia. O concurso ten por obxectivo aproximar a programación e integrar dende os primeiros niveis do sistema educativo o crecente emprego das novas tecnoloxías.

O equipo Virxe da Cela presentou un proxecto “Viaxando por Europa” baixo a supervisión da profesora Camino Pereiro. Ovidio Rodeiro aproveitou a ocasión para felicitar a esta mestra porque foi unha das dez finalistas á Mellor Docente de España en categoría de Primaria.

O representante do goberno autonómico puxo este centro como “un exemplo dun equipo de profesores e de alumnos comprometidos coa mellora continua e o mellor exemplo de que isto funciona son os numerosos recoñecementos que están recibindo”.


- Te recomendamos -