Inicio Galicia Ovidio Rodeiro visita o CEIP Heroínas de Sálvora que conta con varios...

Ovidio Rodeiro visita o CEIP Heroínas de Sálvora que conta con varios programas de innovación educativa

0

O delegado territorial destacou que os plans innovadores son ferramentas moi útiles para mellorar a formación dos alumnos en temas como a convivencia e a promoción da igualdade ou a prevención do abandono escolar


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, visitou o CEIP Heroínas de Sálvora, un colexio de Educación de Infantil e Primaria que conta con varios dos programas innovadores que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pon a disposición dos centros educativos para mellorar a formación dos seus alumnos.

Ovidio Rodeiro comprobou os resultados dun dos programas que máis aceptación teñen entre os máis novos da “Radio na Biblio” que busca que o alumnado avance na adquisición de competencias internacionais e mediáticas, imprescindibles na sociedad actual. Así mesmo, procúrase estimular o papel las bibliotecas escolares como centros creativos de aprendizaxe. Ademais, búscase ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colorativo na comunidade educativa.

O representante do goberno autonómico destacou que “estes plans son ferramentas moi útiles para aportar un plus á capacitación dos alumnos porque inciden en temas como a mellora do nivel de coñecementos, a convivencia ou a promoción da igualdade por poñer algúns exemplos”Concretamente, o CEIP Heroínas de Sálvora solicitou o Plan Proxecta dirixido a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores. Ovidio Rodeiro destacou que “a Xunta ofertou 43 programas e que o CEIP de de Ribeira elixiu o plan “Donas de Si”, centrado no sensibilización e empoderamento das mulleres como pezas fundamentais do desenvolvemento da sociedade galega, implantado neste curso”.

Este centro conta tamén con Plan de Mellora de Bibliotecas (Plambe) que ten como obxectivo aportar un apoio extra, por parte da Administración educativa, para a actualización dos fondos bibliotecarios, a renovación do mobiliario e doutros equipamentos necesarios e para a prestación dos servizos da biblioteca.

Ademais, este CEIP conta con 5 plans dos Contrato-Programa Concretamente, apuntou o representante do goberno autonómico, “os contratos-programa pretenden adaptar as diferentes liñas de traballo para a mellora da calidade educativa, e pretende potenciar de forma prioritaria o desenvolvemento das competencias clave, especialmente a competencia matemática, así como a mellora da convivencia nos centros, a prevención das desigualdades entre mulleres e homes, a prevención do abandono temperán e do absentismo escolar, e o logro da excelencia educativa”. O fin último é lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver ao máximo posible as súas potencialidades e, en definitiva, contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia. Neste colexio están implantados o plan das competencias clave, o de mellora da convivencia e promoción da igualdade, o de prevención de abandono temperá e de absentismo escolar, o de mellora de nivel de coñecemento para acadar a excelencia e o de mellora da calidade na xestión de centros.

Ademais, este colexio solicitou o Plan Permanente de Formación do Profesorado que permite deseñar accións formativas destinadas á actualización e ao perfeccionamento das competencias do profesorado, para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado e está incluído no Proxecto Observación de formación para o desenvolvemento profesional dos docentes a través da observación, o intercambio e a formación para acción educativa.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre