Inicio Galicia Ovidio Rodeiro visita o CEIP de Culleredo con motivo do inicio do...

Ovidio Rodeiro visita o CEIP de Culleredo con motivo do inicio do curso 2018/19 de educación infantil e primaria

0

O delegado territorial informou que máis de 34.500 rapaces e rapazas comezan hoxe as súas clases nos centros educativos da comarca da Coruña. Na cidade hai matriculados máis de 19.600 alumnos


A Coruña, 12 de setembro de 2018.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o CEIP de Culleredo con galo do inicio do curso 2018/2019 de Educación Infantil e Primaria. Na visita estivo acompañado polos responsables educativos do centro.

Segundo apuntou Ovidio Rodeiro na comarca da Coruña iniciarán o curso 34.578 nenos e nenas (10.578 en Infantil e 24.000 en Primaria) e nos centros educativos da cidade están matriculados 19.640 alumnos (5.960 en Infantil e 13.680 en Primaria).

O delegado territorial quixo aproveitar a visita para dar conta das obras que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten previstas para área da Coruña. Concretamente, realizaranse actuacións en 33 centros educativos. Na comarca da Coruña destaca a posta en marcha do novo CEIP de Culleredo este curso que supuxo unha inversión de 3,9 millóns e a construción en breve do novo CEIP de Novo Mesoiro que suporá unha inversión de 4,4 millóns de euros.

Leer más:  El juez Luís Villares pide retirarse del tribunal del parque eólico en Mondoñedo que criticó cuando era parlamentario

Ovidio Rodeiro informou que a Xunta ten previsto investir en obras maiores e nos centros de nova construción na comarca máis de 8,8 millóns aos que hai que sumar 556.000 euros en obras menores. En total, nos distintos centros educativos da comarca a Xunta investirá máis de 9,4 millóns. “Estamos falando de máis de 9,4 millóns de euros de inversión en obras so nesta área de A Coruña. Sen dúbida a que captará máis inversión da provincia”, puntualizou o delegado territorial.

Na cidade da Coruña realizaranse obras en 11 centros educativos cun investimento de máis de 163.000 euros aos que hai que engadir os 4,4 millóns previstos para o novo CEIP de Novo Mesoiro.

O delegado territorial da Xunta destacou que desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria se está facendo un importante esforzo económico e humano para das respostas as necesidades educativas da comarca e de toda Galicia. “Son moitas as necesidades e os recursos limitados pero o noso obxectivo é seguir reforzando a nosa aposta pola educación pública de calidade impulsando distintas melloras nos centros educativos dos concellos con obras de maior ou menor envergadura, de mantemento e conservación ou dirixidas a garantir unhas instalacións axeitadas e dotadas con todos os medios necesarios”, puntualizou.

Leer más:  Amazon inaugurará una estación logística adicional en Cambre (A Coruña)

Ovidio Rodeiro se referiu tamén ao importante esforzo que dende a Xunta de Galicia se está facendo para a incorporación de centros ao Libro Dixital. Un total de 6 novos centros se incorporarán na área de Coruña ao proxecto de educación dixital E-Dixgal polo que recibirán unha ensinanza completamente en dixital.

Cómpre lembrar, ademais, que o E-Dixgal vai máis aló do mero equipamento informático. Non en balde, todos os centros E-Dixgal contan cun Plan de formación propio no ámbito das novas tecnoloxías, cunhas 2000 horas de formación específica para o profesorado. Ademais, ditos plans incorporan tamén unha Escola de Nais e Pais para que as propias familias reciban información ao respecto e dispoñan de canles axeitadas para o acceso aos contidos e a resolución de dúbidas, entre outros.


- Te recomendamos -