Inicio Galicia Ovidio Rodeiro supervisa o avance das obras que rematarán en outubro da...

Ovidio Rodeiro supervisa o avance das obras que rematarán en outubro da senda peoníl que unirá Tallós e Brexo en Dodro

0

O delegado territorial da Xunta na Coruña destacou que esta actuación contou cun orzamento de máis de 236.000 euros e permite contar cun itinerario máis seguro para vehículos e peóns


O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, supervisou o avance das obras, que rematarán en outubro, da senda peonil e ciclista que enlazará as localidades de Tallós e Bexo, no municipio de Dodro. Esta actuación conta cun orzamento de 226.911 euros e permitiu a construción dun itinerario de tres tramos de senda, que xunto cos tramos xa existentes permiten completar un itinerario peonil na marxe dereita da estrada AC-305. Esta actuación está financiada con Fondos Europeos do programa operativo FEDER 2014-2020.

As sendas que se construíron suman máis de 1,5 quilómetros e teñen 2 metros de largo, iniciándose a actuación á entrada de Tallós, entre os puntos quilométricos 2+450 a 2+570, seguindo de Tallós a Muronovo, puntos quilométricos 2+920 a 3+630, e rematando no tramo de Mo a Bexo, puntos quilométricos 5+155 a 5+875. Ademais, colocouse unha tubaxe para canalizar as augas de drenaxe, así como unha canalización que permita nun futuro a instalación de alumeado se é preciso.

Cómpre lembrar que esta actuación se enmarca na estratexia deseñada pola Xunta para a promoción de contornos urbanos seguros, fomento da mobilidade sustentable e a mellora da accesibilidade e calidade de vida da cidadanía.

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, na súa visita á zona subliñou que “a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa avanzando no desenvolvemento do Plan de Sendas de Galicia e lembrou que coa execución deste itinerario peoníl e ciclista non deportivas, o plan de Sendas de Galicia está pasando do papel á realidade”. E lembrou que “este plan na comarca de Santiago recolle, no seu conxunto, 15 quilómetros de novos itinerarios e un investimento de 3,7 millóns de euros, con actuacións tamén nos concellos de Teo, Touro ou Boqueixón”.

Ovidio Rodeiro destacou que “con este tipo de actuacións a Xunta aposta por unha mobilidade máis saudable e sustentable que atende a criterios de integración paisaxística, sustentabilidade pero, ante todo, polo reforzo da seguridade viaria”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre