Inicio Galicia Ovidio Rodeiro presentou a XXXVII Festa da Filloa de Lestedo como unha...

Ovidio Rodeiro presentou a XXXVII Festa da Filloa de Lestedo como unha das máis importantes do entroido galego

0

O delegado territorial da Xunta destacou que esta celebración é unha festa global que suma o mellor de Galicia nunha soa xornada gastronómica


O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín e por membros da Asociación Cultural da Filloa, presentaron hoxe en Santiago a XXXVII Edición da Festa da Filloa de Lestedo, que se celebrará o vindeiro 1 de marzo.

Esta festa gastronómica, que distribúe de xeito gratuíto miles de filloas entre os asistentes, está declarada como Festa de Galicia de interese turístico. Ademais do elemento gastronómico, esta celebración tamén contará co maior desfile do Entroido tradicional do Val do Ulla, no que se agarda participen medio cento de Correos e Xenerais da cabalo.

Ovidio Rodeiro destacou que “os veciños e veciñas de Lestedo foron os que fixeron posible, en menos de 40 anos, que esta celebración se teña consolidado como unha das festas gastronómicas máis importantes do Entroido galego, onde se dan cita miles de persoas”.

O delegado territorial da Xunta tamén definiu esta celebración como “unha festa global, que suma o mellor de Galicia nunha soa xornada: gastronomía, tradición, música e moita diversión”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre