Inicio Galicia Ovidio Rodeiro presenta en Fitur as Mariñas Coruñesas como un exemplo da...

Ovidio Rodeiro presenta en Fitur as Mariñas Coruñesas como un exemplo da potenciación dos recursos naturais e puxo en valor o seu recoñemento como primer destino de ecoturismo de Galicia

0

O delegado territorial da Xunta na Coruña participou na presentación de “As Mariñas Coruñesas”, organizada polo Xeodestino As Mariñas


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou, esta mañá, nunha das presentacións da programación de Galicia que se levaron a cabo na 40º edición de Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid desde hoxe mércores e que rematará o venres.

O delegado territorial destacou, na súa intervención, que “a nosa comunidade ten unha oferta moi diversificada e é quen de ofrecer atractivos turísticos repartidos por toda a xeografía galega. En cada zona, póñense en valor os seus mellores recursos propios, o que axuda a especializar a oferta e a desestacionalizar a chegada de visitantes, sempre con dúas premisas: a calidade e a sustentabilidade a todos os niveis”.

O representante do goberno autonómico destacou que o “apoio da Xunta aos distintos xeodestinos de Galicia ten por obxectivo a diversificación da oferta e que a actividade turística sexa quen de dinamizar as economías locais, contribúa a poñer en valor os recursos naturais, culturais e etnográficos e que se sitúen como un instrumento eficaz de reequilibrio territorial, nomeadamente no rural galego”.

Dentro desta filosofía Ovidio Rodeiro participou na presentación “As Mariñas Coruñesas”, organizada polo Xeodestino As Mariñas que conta cunha achega da Xunta de Galicia de 38.000 euros para o desenvolvemento das súas actividades.

Ademais, ao abeiro dos apoios da Consellería de Cultura e Turismo nesta área asinouse un convenio con Arteixo de 41.300 euros para a posta en valor dos sendeiros da Fraga do río Sisalde; levouse a cabo a mellora da Baia de Santa Cruz en Oleiros con 30.800 euros; a sinalización do encoro de Beche en Abegondo con 4.800 euros e habilitouse un espazo de aparcadoiro en Oza Cesuras con 39.100 euros.

Ovidio Rodeiro lembrou tamén as festas de interese turísticos que se apoian desde a Xunta como son a sardiñada de San Roque en Sada e a Feira Franca Medieval de Betanzos, colaborando tamén na contratación de persoal de turismo en Betanzos e Miño.

Outro dos aspectos importantes este ano foron as axudas de “O Teu Xacobeo” para levar a cabo accións en Sada e Betanzos cunhas achegas de máis de 33.000 euros.

En relación co Xeodestino As Mariñas o delegado territorial destacou que a súa promoción está encomendada á Asociación Desarrollo Rural Mariñas-Betanzos, que lidera o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e destacou que “é o mellor exemplo de boas prácticas sobre cómo valorizar o territorio a través da potenciación dos seus recursos naturais”.“A declaración das Mariñas Coruñesas Terras do Mandeo como reserva da biosfera, a primeira que tivo este selo en Galicia, é o mellor exemplo de que cando se traballa en equipo, cuns obxectivos claros e poñendo en valor os as grandes posibilidades turísticas dunha comarca é posible crear espazos definidos dentro da marcha Destino Galicia”, puntualizou Ovidio Rodeiro.

Ademais puxo en valor que “esta mesma tarde esta asociación recibirá o recoñecemento como primeiro destino de ecoturismo de Galicia dirixido a áreas naturais únicas que demostran unha xestión das mesmas sostibles”. “É a primeira distinción deste tipo que se consegue na nosa comunidade o que pon en evidencia o excelente traballo que se está facendo neste xeodestino”, recalcou.

Datos turísticosO representante do Goberno autonómico falou do comportamento positivo da demanda turística na cidade da Coruña, entre xaneiro e novembro de 2019, reflexo dunha acción conxunta de promoción de toda a comarca na que a Xunta xogou tamén un papel importante coa posta en marcha de iniciativas Galicia Sabe, que inclúe unha batería de iniciativas para impulsar Galicia como destino enogastronómico, por poñer algún exemplo, que axudan a desestacionalizar o turismo en Galicia e a mellorar os datos.

Neste senso, afirmou que “estamos facendo un importante esforzo para poñer en valor os potenciais turísticos que caracterizan aos diferentes xeodestinos ligados á gastronomía, a paisaxe e ao patrimonio natural”.

En cuestión de turismo na cidade da Coruña o número de viaxeiros, entre xaneiro e novembro de 2019, alcanzou os 425.000, un 3% máis que o ano pasado e por primeira vez a cidade superou a barreira dos 900.000 pernoctacións, alcanzando as 928.751 o que supuxo un incremento con respecto ao ano pasado do 5,6%. Ademais, Ovidio Rodeiro aclarou que” o 78% da demanda correspóndese co turismo nacional e o 22% restante é de orixe internacional”.

O delegado territorial apuntou que “todo isto non sería posible sen a colaboración do todos os axentes do sector, asociacións, organizacións, empresas e profesionais que fan que os xeodestinos funcionen como un quebracabezas no que cada peza conta e nos que todos temos que colaborar”.

Ovidio Rodeiro participou nos diferentes actos programados nas diferentes xornadas de Fitur, nas que o stand de Galicia acolleu diversas presentacións. O delegado estivo acompañado polos alcaldes da provincia e as asociacións e entidades aproveitaron o espazo habilitado pola Xunta para dar a coñecer as súas ofertas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre