Inicio Galicia Ovidio Rodeiro participa nas actividades do concello de Boqueixón de ?Vive o...

Ovidio Rodeiro participa nas actividades do concello de Boqueixón de ?Vive o Camiño? para promocionar a Vía da Prata

0

O delegado territorial destacou que este tipo de actos representan o carácter “participativo, descentralizado e sustentable” do Ano Santo

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou na xornada Vive o Camiño no Concello de Boqueixón posto en marcha pola Xunta de Galicia co obxectivo de dinamizar e pór en valor o patrimonio xacobeo da Vía da Prata. As actividades rematan esta fin de semana despois de programar un cento de actividades en 35 concellos galegos, nas que participaron máis de 3.000 persoas. Trátase dun proxecto que se desenvolveu ao longo deste outono e que contou con rutas a pé, actividades gastronómicas e obradoiros para nenos e adultos de balde.

Trátase dunha iniciativa apoiada pola Xunta de Galicia, que ten como obxectivo dar a coñecer o patrimonio, a natureza e a gastronomía dos municipios polos que pasa a Vía da Prata.

Todas as propostas foron de balde, previa inscrición nas mesmas. No caso de Boqueixón, as actividades deron comezo ás 09.30 horas cun Paseo pola contorna do Pico Sacro que durou aproximadamente de dúas horas.

Posteriormente, o centro social de Lestedo acolleu dous obradoiros e un evento gastronómico. O primeiro dos talleres, baixo o nome, Memorias de Prata, estivo dirixido a persoas adultas e o segundo dos obradoiros, Xogando coa Natureza, estivo dirixido ao público infantil. A última das propostas foi o evento Catar o Camiño que consistiu nunha degustación de produtos locais.

Ovidio Rodeiro subliñou que Vive o Camiño representa o carácter participativo e de recuperación e posta en valor que está tendo o Xacobeo. Con estas actividades nos concellos polos que transcorre a Vía da Prata búscase que os peregrinos poidan interactuar cos veciños das cidades e vilas polas que pasa a Vía da Prata, unha ruta con destacados recursos naturais e patrimoniais e que conta cun importante potencial de crecemento.

Con este obxectivo deseñáronse tres tipos de actividades: rutas a pé nas que descubrir os segredos deste trazado, iniciativas gastronómicas nas que veciños e peregrinos poden degustar produtos enogastronómicos da comarca, e obradoiros para nenos e adultos nos que transmitir os valores xacobeos e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial vinculado co Camiño de Santiago.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre