Inicio Galicia Ovidio Rodeiro participa na cerimonia de recepción do cruceiro ?Spirit of Discovery?...

Ovidio Rodeiro participa na cerimonia de recepción do cruceiro ?Spirit of Discovery? no porto da Coruña

0


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou esta mañá na cerimonia de recepción ao buque turístico “Spirit of Discovery” con motivo da súa escala inaugural no Porto da Coruña.

O representante do Goberno autonómico asistiu ao tradicional intercambio de presentes. Por parte da Xunta de Galicia entregóuselle a tradicional figura dun peregrino.

O “Spirit of Discovery”, é o novo barco da naviera británica Saga Cruises. Saíu do estaleiro no mes de maio pasado. Actualmente está a realizar as súas primeiras viaxes tocando varios portos europeos.

A súa escala no porto da Coruña chega procedente do Porto e sairá con destino Southampton. Con 236 m de eslora e 31,2 m de manga, este barco ten capacidade para 999 pasaxeiros e 505 tripulantes. Trátase dun barco boutique de luxo que ofrece aos seus hóspedes os máis altos estándares de aloxamento, mobiliario, cociña e entretemento.

Contando con hoxe, xa realizaron escala este ano no porto da Coruña un total de 92 cruceiros con 140.000 pasaxeiros recibidos, consolidando a tendencia de crecemento neste tráfico que nos últimos anos situou ao porto da Coruña como líder na cornixa cántabro-atlántica, desde o porto francés de Lle Havre ata O Porto.

A Coruña triplicou en 10 anos a afluencia de cruceiristas. En 2009 chegaron 54.000 pasaxeiros e nos últimos anos consolidámonos ao redor de 180.000. A Autoridade Portuaria está realizando un gran esforzo para conseguir estas cifras, en coordinación cos consignatarios, navieiras e resto de axentes do sector.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre