Inicio Galicia Ovidio Rodeiro participa na apertura do obradoiro xuvenil de Val do Dubra...

Ovidio Rodeiro participa na apertura do obradoiro xuvenil de Val do Dubra no que se formarán a 16 alumnos en agricultura ecolóxica e en animación físico-deportiva e recreativa

0

O taller de formación e emprego terá unha duración de seis meses e conta cunha achega da Xunta de 180.000 euros


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou esta mañá no acto de apertura do obradoiro de garantía xuvenil de Val do Dubra, compartido con A Baña, Santa Comba e Negreira, para menores de 30 anos. Este taller de emprego constará das especialidades de Agricultura Ecolóxica e de Animación Físico-deportiva e Recreativa cun investimento de 180.000 euros.

As alumnas e alumnos realizarán a parte práctica realizando actividades de agricultura ecolóxica no centro da terceira idade, no pavillón municipal, na escola infantil e na Finca O Pombo en Val do Dubra e en varias zonas do concello de Negreira. Os asistentes ao curso de animación deportiva e recreativa traballarán nas diferentes instalacións dos tres concellos e nos seus locais sociais.

Este taller forma da parte da oferta da Xunta de Galicia na comarca. Este ano aprobouse a realización dun total de 8 talleres na área de Santiago, dos cales 5 deles son de carácter ordinario, onde participarán alumnos e alumnas de calquera idade e 3 de garantía xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá en políticas activas de emprego na comarca máis de 2,1 millóns de euros.

Os obradoiros duais son os de Ordes, compartido con Mesía e Frades; o de Touro, compartido con Boqueixón e Vedra; o de Ames, compartido con Brión; o de Santa Comba, compartido con Negreira, A Baña e Val do Dudra e o de Santiago de Compostela. Pola súa banda, os obradoiros de garantía xuvenil impartiranse en Santiago de Compostela; en Rois compartido con Padrón e Dodro e en Val do Dubra compartido con A Baña, Santa Comba e Negreira.

Estes obradoiros permitirán que un total de 142 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais serán de 9 meses e os de garantía xuvenil de 6 meses.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre