Inicio Galicia Ovidio Rodeiro informa que está aberta a convocatoria para solicitar as axudas...

Ovidio Rodeiro informa que está aberta a convocatoria para solicitar as axudas do Plan marco para camiños rurais 2020-2021

0

A Consellería do Medio Rural destina este ano a este programa, cofinanciado ao 75% con fondos Feader, 3,7 millóns para os concellos da provincia da Coruña


O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, mantivo esta mañá un encontro de traballo co alcalde de Val do Dubra, José Manuel Varela, para informar que xa está aberta a convocatoria para solicitar as axudas do Plan Marco 2020-2021 que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), adscrita á Consellería do Medio Rural, e que conta cun orzamento para o conxunto de Galicia de 12 millóns de euros, distribuídos nas devanditas anualidades a razón de case 6 millóns de euros cada unha. Os concellos da provincia da Coruña recibirán unha axuda total de 3,7 millóns de euros para mellorar e acondicionar os camiños municipais de acceso a parcelas agrarias.

A finalidade última deste plan é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais da comunidade autónoma mediante o acondicionamento das vías de comunicación que dan acceso ás parcelas agrarias, que supoñen as canles de entrada e saída das producións rurais (desde o leite ata a artesanía). A Xunta quere propiciar con estas actuacións unha mellor accesibilidade e vertebración do territorio, dinamizando o tecido produtivo ao contribuír á mellora da capacidade organizativa destas áreas rurais.

Así, estas axudas servirán para facilitar a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais que dean acceso a parcelas agrarias, incluíndo actuacións que supoñan tanto un incremento da largura da vía coma o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes. Porén, quedan excluídas as actuacións en rúas interiores, dentro dos núcleos de poboación.

Criterios de distribuciónCo fin de chegar a cada un dos concellos da nosa comunidade, establecéronse unha serie de criterios de distribución das asignacións económicas que foron previamente consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Estes criterios determináronse con base en indicadores obxectivos, a partir dun importe fixo por concello, habitante e entidade de poboación, dentro duns límites de máximos e mínimos, co fin de garantir unha repartición equitativa entre a totalidade de concellos. A estas variables incorporáronse factores correctores vinculados á superficie do concello, o peso do agro no municipio e o grao de despoboamento e de envellecemento. Ademais, prevese un incremento do 50% para aqueles concellos fusionados.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre