Inicio Galicia Ovidio Rodeiro informa aos representantes dos veciños de Ultramar e Roi Xordo...

Ovidio Rodeiro informa aos representantes dos veciños de Ultramar e Roi Xordo das axudas da Xunta para estas entidades

0


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo esta tarde unha reunión cos representantes da asociación veciñal Ultramar e da Federación Roi Xordo. O delegado territorial informou da liña de axudas que dende a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza se poñe a disposición deste tipo de entidades para colaborar no seu mantemento e para garantir o seu funcionamento. Esta orde está previsto que saia en nova convocatoria a principios de ano.

O representante do Goberno autonómico mostrou o seu compromiso cun dos piares fundamentais cos que conta a sociedade galega: as asociacións veciñais, que desenrolan actividades e ofrecen oportunidades ao conxunto da poboación. “O seu traballo, puntualizou, é moi importante en cada barrio e por iso axudarlles a realizar a súa función é unha das nosas obrigas máis satisfactorias”

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre