Inicio Galicia Ovidio Rodeiro inaugura a estación pública de subministración de Gas Natural Comprimido...

Ovidio Rodeiro inaugura a estación pública de subministración de Gas Natural Comprimido en Santiago

0

Esta nova gasineira supón un paso máis para avanzar na transición a modelos de enerxías limpas no transporte que contribúan a mellorar a calidade do aire e a saúde das persoas


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe a nova estación de servizo de Gas Natural Comprido (GNC) para vehículos en Santiago de Compostela, situada na estación de servizo de Staroil no Polígono do Tambre.

Ovidio Rodeiro destacou que “esta nova gasineira supón un paso máis no compromiso desta compañía para avanzar na transición a modelos de enerxías limpas no transporte que contribúan a mellorar a calidade do aire e a saúde das persoas”.

O gas natural vehicular en automoción ten numerosas vantaxes tanto ecolóxicas como económicas. É un combustible respectuoso co medio ambiente e contribúe á mellora da calidade do aire como consecuencia das súas baixas emisións. Os vehículos que utilizan este combustible teñen etiqueta ECO da Dirección Xeral de Tráfico, beneficiándose de libre accesibilidade ao centro das cidades en episodios de alta contaminación, de incentivos fiscais e bonificacións en zonas de estacionamento regulado, entre outras.

O gas natural vehicular reduce en máis dun 85% as emisións de óxidos de nitróxeno e en case o 100% as partículas en suspensión, principal causa de problemas respiratorios e cardíacos derivados da contaminación en contornas urbanas. Tamén diminúe ata un 30% as emisións de CO2, principal gas de efecto invernadoiro, polo que contribúe na loita contra o cambio climático.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre