O delegado territorial informou que Abegondo , Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, A Coruña, Curtis, Irixoa, MesÃa, Sobrado, Vilasantar están adheridos tamén ao convenio de xestión da biomasa para a limpeza de faixas secundarias
O delegado territorial da Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo esta mañá un encontro por videoconferencia cos alcaldes da comarca da Coruña cos que xa están aprobados os convenios de prevención e defensa contra incendios forestais para a creación de brigadas municipais e de xestión da biomasa e cos responsable do distrito III, responsable desta área na provincia.
No encontro agradeceu o intenso traballo que levaron a cabo os bombeiros forestais e axentes ambientais, e que seguen realizando, de limpeza e desinfección dos exteriores dos centros de saúde e residencias situadas en concellos de menos de 5.000 habitantes.
Ovidio Rodeiro destacou que desde o inicio do estado de alarma leváronse a cabo arredor de 900 actuacións de limpeza na provincia con intervalos de aproximadamente tres dÃas para mellorar a seguridade destes edificios públicos. “O seu traballo foi fundamental nos momentos máis difÃciles da crise porque non se deixou a ningún concello sen a desinfección que se precisaba”.
Convenios de prevención e defensa contra incendios forestaisOvidio Rodeiro explicou os convenios vixentes de colaboración entre a ConsellerÃa do Medio Rural e os concellos. No caso concreto desta área, subscribiron estes convenios os municipios de Abegondo, Aranga, Arteixo, Coirós, Oleiros, Oza-Cesuras, Sada, Sobrado e Vilasantar.
A través destes convenios apóiase a creación de 8 brigadas cun total de 40 compoñentes nesta área e contarán cunha motobomba. Ovidio Rodeiro explicou que algúns dos concellos xa contan con estes equipos e outros farano nas vindeiras semanas para levar a cabo traballos de prevención e para actuar no caso de que se produzan incendios forestais.
Estas brigadas municipais levan a cabo tamén traballos de prevención e de limpeza de espazos de risco nos concellos e colaboran co resto dos equipos doutras administracións na loita contra o lume.