Inicio Galicia Ovidio Rodeiro destaca que as axudas de Cultura e Turismo para a...

Ovidio Rodeiro destaca que as axudas de Cultura e Turismo para a mellora da accesibilidade e sinalización deixarán na comarca da Coruña máis de 164.000 euros

0

O delegado territorial da Xunta na Coruña informou destas novas axudas que reciben os concellos para mellorar a calidade da oferta turística

A Xunta de Galicia investirá este ano máis de 164.000€ en sete concellos da comarca da Coruña ao abeiro da orde de axudas da Consellería de Cultura e Turismo que ten como finalidade o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural de cara á consolidación da oferta turística nas zonas ruraisO representante do goberno autonómico destacou que “estas axudas van dirixidas a mellorar a calidade dos recursos turísticos dos concellos para facelos máis atractivos aos visitantes”. Neste senso, apuntou que “estas subvencións están orientadas ao fomento e posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística dos concellos”.

Cómpre lembrar que o Goberno galego ampliou o ano pasado os fondos dirixidos a concellos, mancomunidades ou xeodestinos, entre outros, co obxectivo de afondar na colaboración coas administracións locais e mellorar as infraestruturas turísticas a través do seu embelecemento, a mellora da sinalización ou da accesibilidade, principalmente.

Os concellos nos que se realizarán obras ao abeiro destas axudas son Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Aranga, Abegondo, Mesía e Sobrado. Entre as actuacións máis relevantes destacan os máis de 39.000€ para a adecuación dun espazo destinado ao estacionamento temporal de vehículos no lugar de Paraxón-Begade en Oza-Cesuras e os máis de 34.000€ para a colocación dunha baranda de seguridade nas Brañas de Valga en Mesía.

En toda a provincia, a Consellería de Cultura e Turismo apoiará a realización de 24 actuacións cun investimento total que supera os 581.000€.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre