Inicio Galicia Ovidio Rodeiro destaca o liderado de Galicia no crecemento turístico de toda...

Ovidio Rodeiro destaca o liderado de Galicia no crecemento turístico de toda España

0


O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, asistiu esta tarde ao acto organizado pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte e a Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza.

Na súa intervención o representante do Goberno galego puxo en valor iniciativas como a que está levando a cabo esta entidade para abrir novas oportunidades de promoción turística nesta área. Ovidio Rodeiro destacou o crecente peso do turismo galego, que supón o 10% do noso Produto Interior Bruto e o 11% de todo o emprego xerado.

Así mesmo, destacou as potencialidades do modelo turístico galego que está apostando por atraer visitantes durante todas as épocas do ano. Lembrou que, grazas ao intenso traballo que se está facendo desde a Xunta de Galicia en colaboración co sector turístico galego, e concretamente desde a Consellería de Cultura e Turismo, Galicia está conseguindo liderar este ano o crecemento turístico de España ao ser a Comunidade na que a demanda está a medrar dun xeito máis intenso. De manterse a evolución actual, pechará o ano superando a barreira dos cinco millóns de visitantes e consolidando o crecemento cualitativo con melloras na rendibilidade do sector. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre