Inicio Galicia Ovidio Rodeiro destaca o investimento de máis de 17,3 M? nos 3...

Ovidio Rodeiro destaca o investimento de máis de 17,3 M? nos 3 programas sociais que presta a Xunta cos concellos e recalca que se evitaron 142 desafiuzamentos na comarca da Coruña este ano

0

A Xunta destina máis de 38 millóns de euros a obras nas estradas, de saneamento, sendas peonís e reforzos de firmes


O delegado territorial da Coruña, Ovidio Rodeiro, e o seu equipo de xefes territoriais da Xunta de Galicia da provincia mantiveron, esta mañá, un encontro de traballo na Delegación da Xunta da Coruña. O motivo do encontro, segundo apuntou o representante do Goberno autonómico, foi “trasladar ao territorio o noso traballo e dedicar a esta cidade e comarca unha xornada monográfica para analizar o que se fixo, o que estamos facendo e o que imos facer nesta área” (A Coruña, Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Mesía, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada, Sobrado e Vilasantar)Neste senso, Rodeiro recalcou que “estas xornadas, que se van repetir de forma periódica, teñen como obxectivo estar preto de aqueles asuntos que son de interese para os alcaldes e os veciños e, no caso de que fose preciso, coñecelos de primeira man”.

Neste primeiro encontro fíxose un balance dos principais investimentos e programas da Xunta na comarca no 2018 e no que levamos de 2019 e repasáronse algúns dos proxectos de futuro comprometidos pola Xunta para esta área.

Ovidio Rodeiro informou que nos principais programas, axudas e investimentos a Xunta leva investidos na Coruña máis de 234 millóns de euros entre 2018 e 2019. Na cidade da Coruña neste período a Xunta inviste 77 millóns de euros.

Ademais, recalcou que “a creación de emprego, a prestacións de servizos sociais de calidade e a mellora das infraestruturas son as prioridades do goberno galego na Coruña”.

Servizos SociaisO delegado territorial informou do esforzo económico que se realiza no eido social para atender as necesidades das persoas que peor o están pasando. Aínda que esta é unha competencia dos concellos o apoio da Xunta é fundamental para que se poidan atender a todas as persoas que peor o están pasando. Neste punto, lembrou os máis de 17,3 millóns de euros que destina anualmente a Consellería de Política Social aos tres principais programas de apoio que prestan os concellos ás persoas que máis o necesitan. Concretamente, referiuse ao pago do SAF (Axuda a Domicilio) 7,7 millóns de euros para a comarca dos cales 2,8 millóns de euros son para a cidade, aos 8,3 millóns que se reservan para abonar a RISGA a 1.581 persoas da comarca dos cales 6,6 millóns de euros son para atender 1.272 beneficiarios da Coruña.

Se a isto lle engadimos o Plan Concertado, as axudas aos municipios para contratar persoas que traballen con eido social, a Xunta destina aos concellos da área Coruña máis de 17,3 millóns de euros para atender as necesidades sociais dos seus veciños, dos cales 11,6 millóns para a cidade, só nestes tres principais programas.

Neste punto, Ovidio Rodeiro recalcou que outro dos servizos importantes que se prestan dende o goberno galego son as axudas de emerxencia social para apoiar os casos de necesidades máis urxentes. Concretamente, a Xunta de Galicia na comarca da Coruña atendeu, entre 2018 e 2019, 293 casos de emerxencia das cales 152 foron na cidade.

En relación cos apoios para evitar desafiuzamentos a través do Programa Reconduce Alugueiros e Reconduce Hipotecas, Ovidio Rodeiro destacou que “só neste ano a Consellería de Política Social pechou na comarca 142 casos dos cales 75 foron na cidade para evitar que as persoas con menos recursos tivesen que abandonar os seus fogares”. Para o delegado territorial “é importante poñer en valor este tipo de investimentos porque grazas ao apoio da Xunta os concellos teñen os cartos que precisan para actuar neste tipo de casos urxentes e de máis necesidade”.

InfraestruturasOutro dos temas importantes analizados no encontro foi a mellora das infraestruturas na comarca, o delegado territorial destacou que neste momento Xunta de Galicia destina máis de 38 millóns de euros a obras nas estradas, de saneamento, sendas peonís e reforzos de firmes. Neste punto, lembrou que un dos investimentos máis importantes que estamos executando é rematar a Vía Ártabra con 23,6 millóns de euros para darlle o impulso definitivo á espera de que o Goberno central autorice a conexión coa AP-9 que segue pendente.

Ademais, en diferentes actuacións en estradas de competencia autonómica da área estamos executando máis de 6,9 millóns e outros 4,3 millóns en sendas peonís e ciclistas en Arteixo, Coirós, Curtis, Oleiros e Vilasantar, entre as cales se inclúe a Pasarela de Marineda que onte mesmo se puxo a disposición de todos os coruñeses.

Os reforzos de firmes para garantir e mellorar a seguridade nas estradas de competencia da Xunta contan este ano con 2,6 millóns de euros e a Xunta está facendo actuacións en Abegondo, Aranga, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Curtis, Irixoa, Mesía, Oleiros, Oza-Cesuras, Sada, Sobrado e Vilasantar, en practicamente todos os concellos da comarca.

O representante do Goberno autonómico tamén lembrou o importante esforzo económico que se está realizando no Polígono de Morás para poñer a disposición de todos os cidadáns este parque empresarial o antes posible. “Neste momento estamos executando 3,3 millóns de euros para deixar listos os accesos e as plataformas para que se instalen as empresas, en dous anos a Xunta leva investidos neste polígono máis de 12 millóns de euros”, puntualizou.

O representante do Goberno autonómico falou tamén do éxito do plan de de accesibilidade ao centro urbano da Coruña do transporte interurbano. “En dous anos – sinalou– incrementouse o número de usuarios nun 14%”. Ademais, informou que nunha recente enquisa realizada pola la Consellería de Infraestruturas e Mobilidade entre os usuarios destas liñas destaca que o 87,9% dos pasaxeiros están satisfeitos coa posta en marcha deste plan e o 32,1% empregan máis este tipo de transporte con estas novas medidas impulsadas dende a Xunta de Galicia”.

Ovidio Rodeiro fixo un detallado repaso polos programas que a Xunta de Galicia reforza na Coruña para apoiar aos desempregados. Dende o Goberno autonómico destínase no 2019-2020 ao redor de 12,1 millóns de euros a programas de formación para desempregados (2.721 prazas – 7,8 millóns de euros), incentivos á contratación (296 novos contratos subvencionados – 2,1 millóns de euros), axudas aos autónomos (2 millóns de euros) e 244.000 euros para apoiar a mellora dos parques empresarias da comarca en Bergondo, Oleiros, Betanzos e Coirós.

Infraestruturas sanitariasNo encontro cos xefes territoriais tamén se analizaron os investimentos para mellorar os servizos sanitarios aos 20 concellos da Coruña. O delegado territorial lembrou que, “dende o 2010, a Xunta construíu 5 novos centros de saúde (Oleiros, Novo Mesoiro, Cambre, Arteixo e Culleredo) e estamos á espera de poder construír o do Mercado de Santa Lucía, neste momento seguimos agardando a proposta do Concello cos espazos necesarios para empezar a traballar conxuntamente no proxecto”.

Pero sen dúbida o gran avance no eido sanitario serán os investimentos que a Xunta está realizando e seguirá realizando para a renovación integral do complexo hospitalario universitario da Coruña. Entre 2009 e 2015 o Goberno Galego investiu neste hospital máis de 52 millóns de euros e neste momento está traballando na 3ª fase do seu Plan Director cun orzamento de 10 millóns de euros para o novo hospital de día e a reforma do antigo bloque cirúrxico, entre outras actuacións, ademais, levouse a cabo a reforma de Urxencias do Hospital Teresa Herrera que contou cunha achega de 1,4 millóns de euros.

O seguinte reto será a ampliación do CHUAC, o representante do Goberno autonómico lembrou que “seguimos traballando para decidir cal é a mellor proposta ou a ampliación ou a construción dun novo hospital”No eido da Educación a Xunta de Galicia realizou máis de 54 obras en centros educativos cun investimento que supera os 8,5 millóns de euros. Concretamente, na cidade da Coruña a Consellería de Educación realiza este ano 29 obras cun orzamento global de 6,8 millóns de euros sendo as máis importantes a construción do novo CEIP de Novo Mesoiro con 3,8 millóns de euros, as melloras no IES Eusebio da Garda, cun importe que supera os 1,4 millóns de euros e a obra de rehabilitación integral do IES de Monelos cun orzamento de 838.000 euros.

No encontro tamén se falou sobre o estado dos proxectos que xa están aprobados para realizar este ano coas achegas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza que deixarán no 2019 na comarca, entre as ordes de Infraestruturas e do Fondo de Compensación Ambiental máis de 487.000 millóns de euros para 17 obras. Estes fondos van destinados a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

A estas partidas hai que engadir as achegas do Fondo de Cooperación Local que roldan nesta área os 13,8 millóns de euros para toda a comarca. So na cidade da Coruña esta Consellería aporta 6,4 millóns de euros para que o Concello poida prestar os seus servizos. Neste senso, o delegado territorial apuntou que “fronte a unha administración que cumpre e paga aos concellos para que poidan afrontar os gastos que teñen no seu día a día, seguimos agardando a que o Goberno do Estado pague a débeda que ten con Galicia”.

Na reunión tamén se analizaron as axudas que dende a Consellería de Medio Rural se destinan a particulares e empresas para fixar poboación no rural. Neste punto recalcou que “o noso obxectivo é que ningún proxecto que o precise se quede sen financiamento”. Concretamente, entre a PAC e as principais liñas de achegas para os distintos programas “temos comprometidos na comarca máis de 17,1 millóns de euros para axudar a que todo aquel que teña un proxecto no rural o poida levar a cabo”, puntualizou Ovidio Rodeiro.

Ovidio Rodeiro rematou a súa intervención destacando que este ano será tamén o ano da rehabilitación na cidade. “Por primeira vez A Coruña entrará no Plan Rexurbe cunha partida inicial dun millón de euros”, recalcou.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre