Inicio Galicia Ovidio Rodeiro destaca o importante labor da Fundación Santo Hospital da Caridade...

Ovidio Rodeiro destaca o importante labor da Fundación Santo Hospital da Caridade na atención ás persoas sen fogar

0

O delegado territorial da Xunta na Coruña visitou este albergue beneficiado pola orde de axudas a entidades de iniciativa social para promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e de inclusión


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou, esta mañá, as instalacións do albergue da Fundación Santo Hospital de Caridade que centra a súa actividade no albergue Pardo de Atín que ten capacidade para 42 persoas e ten como principal obxectivo atender ás persoas sen fogar ofrecendo cama, comida, aseo e roupa se fose necesario.

Este albergue está situado nun edificio anexo ao Hospital Juan Cardona do que depende, e en caso necesario os usuarios do centro poden recibir atención sanitaria no hospital. Este centro se creou en 1936, herdando as funcións da vella hospedería. O albergue comeza a funcionar do forma moi parecida á actual no antigo Hospital trasladándose ao de Caranza en 1974. En 1991 inaugurase o edificio anexo ao centro hospitalario modernizando as súas instalación e ofertando as 42 prazas actuáis.

Ovidio Rodeiro recalcou que “para aloxarse no albergue o único que se precisa é chamar á porta portando o DNI ou pasaporte e serán atendidos polo persoal do centro”. Para o delegado territorial “o labor que realizan este tipo de entidades é fundamental nun estado de benestar e fan que camiñemos cara un modelo social máis inclusivo”A Fundación Santo Hospital de Caridade forma parte das asociacións beneficiadas pola orde de axudas a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e de inclusión social.

Segundo aclarou Ovidio Rodeiro son subvencionables varios tipos de servizos e actuacións:Funcionamento e inversión en centros de inclusión e de emerxencia socialActuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun programa de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos ou prestacións vinculadas ao desenvolvemento de determinados servizos sociais de inclusión, incluíndo aqueles dirixidos de forma exclusiva á poboación inmigrante especialmente os programas para fomentar a súa integración laboral.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre