Inicio Galicia Ovidio Rodeiro destaca a aposta da Xunta polo Barbanza cun investimento de...

Ovidio Rodeiro destaca a aposta da Xunta polo Barbanza cun investimento de máis de 62M? nos principais programas e actuacións de 2018 e 2019

0

O delegado da Xunta e o seu equipo de xefes territoriales mantiveron un encontro de traballo en Ribeira para trasladar ao territorio unha xornada monográfica dedicada a esta comarca


O delegado territorial da Coruña, Ovidio Rodeiro, e o seu equipo de xefes territoriais da Xunta de Galicia da provincia mantiveron, esta mañá, un encontro de traballo no Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral de Galicia (Cielga) en Ribeira. O motivo do encontro, segundo apuntou o representante do goberno autonómico, foi “trasladar ao territorio o noso traballo e dedicar a esta comarca unha xornada monográfica para analizar o que se fixo, o que estamos facendo e o que imos a facer nesta área do Barbanza que engloba a once concellos (Boiro-Carnota-Lousame-Mazaricos-Muros-Noia- Outes-Pobra-Porto do Son-Rianxo e Ribeira)”.

Neste senso, Rodeiro recalcou que “estas xornadas, que se van a repetir de forma periódica, teñen como obxectivo estar preto de aqueles asuntos que son de interese para os alcaldes e os veciños e, no caso de que fose preciso, coñecelos de primeira man”.

Neste primeiro encontro levaron a cabo un balance dos principais investimentos e programas da Xunta na comarca no 2018 e no que levamos de 2019 e repasaron algúns dos proxectos de futuro comprometidos pola Xunta para esta área.

Ovidio Rodeiro informou que nos principais programas, axudas e inversións no Barbanza a Xunta leva investidos máis de 62M€, 57M€ en 2018 e case 5M€ no que levamos de 2019. Ademais, recalcou que “a mellora das infraestruturas foron e seguirán sendo unha prioridades para o goberno galego”. Con respecto a este asunto, destacou que o investimento de saneamento na comarca do Barbanza é de 10M€ entre obras realizadas en 2018 e comprometidas para 2019 nos concellos de Boiro, Carnota, Lousame, Noia, Porto do Son, Rianxo e Ribeira.

Ademais, recalcou que o total de investimentos nas obras máis importantes postas en marcha en 2018 e previstas para 2019 superan os 12M€ e anunciou con respecto a unha das inversións máis esperadas que se vai a levar a cabo, a Variante de Ribeira, que “a Xunta de Galicia xa conta cunha proposta de trazado e que, unha vez constituída a nova corporación este sábado, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade reunirase, nos próximos días, co Concello para presentarlle esa proposta e sometela á súa consideración, en busca do consenso”.

Outro dos temas importantes analizados no encontro foron as obras previstas nos centros educativos da comarca. En concreto, a Consellería de Educación levará a cabo actuacións en 17 colexios nos que investirá máis de un millón de euros. A maioría das obras comezaran dentro duns días en canto rematen as clases. A inversión máis importante da comarca será o proxecto de mellora da eficiencia enerxética do CEIP Felipe de Castro en Noia, cun orzamento de 677.000 euros. Ovidio Rodeiro confirmou que “a semana que vén se firmará o contrato para poder empezar as obras o máis pronto posible”.

Con respecto aos Servizos Sociais, o delegado territorial puxo en valor o importante esforzo que dende a Xunta de Galicia se está facendo para atender as necesidades de quen máis o necesitaComo exemplo destacou que na comarca incrementouse de maio de 2018 a maio de 2019 un 32% o número de horas de SAF (Axuda a Domicilio) y un 29% o importe trimestral destas achegas. En relación co RISGA (Renda de Inclusión Social de Galicia) aumentouse, con respecto ao mes de maio do ano pasado, un 10% o número de persoas atendidas e un 31% o importe mensual.

Nesta área neste momento se están dando cobertura a 98 persoas que cobran Risga cun importe mensual de máis 41.000 euros e a Consellería de Política Social aporta 9,70€ por hora para axudar a máis de 600 persoas cun custe trimestral de 760.000€. Estes datos poñen en evidencia a importancia da colaboración da Xunta cos concellos para poder prestar os servizos sociais básicos aos seus veciños.

En relación coa Consellería de Economía e Emprego, Ovidio Rodeiro, apuntou que o plan de axudas para os parques empresariais deixará este ano no Barbanza 306.000 euros para obras nos polígonos de Boiro, Noia e Ribeira e lembrou que as achegas da Xunta para contratar Aprol-Rural e Risgas permite que este ano se incorporen aos concellos desta área 28 persoas grazas a unha partida de 347.000 euros. Ademais, lembrou que “a partir de mediados de xullo comezaremos a clausurar os seis Obradoiros de Emprego que formaron en 2018 a 108 persoas cunha achega de 1,4M€ e adiantou que dentro dunhas semanas se resolverá a convocatoria destes talleres para o ano que ven”.

No encontro tamén se analizaron as obras forestais realizadas pola Consellería de Medio Rural que supoñen un investimento de 2,8M€ na comarca en camiños, peches, limpezas, incluídos os 499.000€ de actuacións de emerxencias polo incendio de Rianxo-Dodro e se valoraron os máis de 1,5M€ que se repartiron para os plans de mellora, incorporación de mozos e axudas a pequenas explotacións no 2018, xa que estes días se pechou o prazo para as solicitudes deste ano e se están, neste momento, analizando todas as solicitudes.

A Consellería do Mar tamén está traballando en importantes proxectos. Despois de visitar hai uns días a mellora dos peiraos de Portosín e Porto do Son, que se está levando a cabo cun investimento de 750.000 euros, Ovidio Rodeiro destacou que “tamén levaremos a cabo a remodelación da fachada marítima de Ribeira cun investimento de 580.000 euros e a pasarela do peirao de Noia cunha achega que supera os 200.000 euros”.

Finalmente, tamén se analizaron o estado dos proxectos que xa están aprobados para realizar este ano coas achegas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza que deixarán na comarca, entre as ordes de Infraestruturas e do Fondo de Compensación Ambiental, 737.000 euros para 16 obras.

Estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre